A ConsellerÃa de Cultura investirá este ano máis de 1,7 millóns de euros no impulso do sector editorial galego, segundo anunciou Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, na comisión 4º do Parlamento. O investimento prodúcese a través de convocatorias de subvencións e actuacións de dinamización do comercio do libro, de colaboración cos principais axentes profesionais do sector, de impulso á creación literaria e de mellora dos servizos bibliotecarios galegos.