Anxo Lorenzo: “é posible construír un país con vontade”

O secretario xeral de Cultura solicitou a colaboración dos axentes culturais

5/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: politicas culturais
13 lecturas | Compartido 0 veces
As primeiras palabras de Anxo Lorenzo nada máis tomar posesión do seu cargo como secretario xeral de Cultura, foron de lembranza e homenaxe a Díaz Pardo, en quen se apoiou para dicir que “figuras como a súa evidencian que é posible construír un país con vontade”. Lorenzo aproveitou outra figura histórica, a de Ramón Piñeiro, para aludir á necesidade da colaboración entre todos os axentes culturais. “Tan necesario e valioso é traballo de creación duns como o alento entusiasta, ou a axuda material doutros”, dixo citando unhas palabras de Piñeiro. “Non o coñecín persoalmente, pero estou seguro que as súas palabras seguirían sendo o frontal de ideas do que ha de ser a cultura hoxe en Galicia”.
Lorenzo tivo tamén unha mención para o “momento difícil” que vivimos, e pediu a “axuda e colaboración de todos; do sector audiovisual, ao editorial, das artes escénicas ao músical, entre outros” aos que lle ofreceu “diálogo, rigor e traballo arreo”.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Conceptos