A nova versión do CORGA inclúe 25 millóns de formas

A ferramenta do Centro Ramón Piñeiro permite coñecer o emprego escrito do galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) conta cunha nova versión e suma xa 25 millóns de formas. Esta ferramenta informática do Centro Ramón Piñeiro recolle textos escritos desde 1975 e permite comprobar o emprego real de diferentes palabras. Canda á incorporación de vocablos, a nova versión do CORGA incorpora o Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (XIADA), que engade información gramatical sobre as palabras, un sistema de busca mellorado e unha lista de variacións ortográficas. Na presentación desta ferramenta, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o emprego das novas tecnoloxías é "unha liña de actuación prioritaria da política lingüística do Goberno galego".

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro, Política Lingüística, Anxo Lorenzo...