A suma de todas as partidas destinadas a apoiar o sector do libro nos orzamentos deste 2020 superará os 1,3 millóns de euros. Asà o anunciou o director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo Lorenzo, na xuntanza do Consello Asesor do Libro que se celebrou o pasado venres, 7 de febreiro. A contÃa, segundo explica a ConsellarÃa, inclúe as axudas á tradución (200.0000 euros), os fondos destinados á adquisición de novidades editoriais en galego e mais os que cobren a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas (250.000 euros). Os encontros e o premio literario do programa Nortear, as actividades do programa Ler Conta Moito (195.000 euros) e o apoio á plataforma de préstamos en formato electrónico GaliciaLe inclúense tamén na suma. O Diario Oficial de Galicia publica este 10 de febreiro varias destas convocatorias.
Precisamente no encontro destacouse o crecemento no emprego desta plataforma, que incrementou en 2019 o seu número de préstamos nun 62% a respecto o ano anterior, cun total de 6.144. No encontro abordáronse tamén as axudas para editoras e profesionais do sector do libro acudiren a feiras internacionais (30.000 euros), e abordouse a posibilidade de crear o DÃa da Lectura en Galicia con vistas a concienciar da importancia de favorecer este hábito na sociedade.