As iniciativas que buscan achegar a arte da ilustración ao público xeral están a se multiplicar na axenda do país. Este mesmo luns puidemos comprobar o crecemento do Día da Ilustración na súa cuarta xeira, e na pasada fin de semana celebrouse a primeira edición do festival Allariz Debuxado. Pola súa banda, as rúas da capital viron este outono novembro a posta en marcha de Compostela Ilustrada. Aos poucos, xorden novas propostas que apuntan cara á normalización desta arte na axenda cultural.
O fenómeno non é novo, mais está a evolucionar. No seu día tratamos a importancia crecente que a afección a debuxar está a conseguir no noso país, con propostas como os combates de debuxantes, o Drink and Draw ou Bosquexo. No entanto, nestes últimos tempos van xurdindo citas nas que concellos e institución van integrando a ilustración como unha parte importante da axenda cultural. O Día da Ilustración e encontros como Compostela Ilustrada ou Allariz Debuxado son exemplos dunha tendencia que semella ir cara á consolidación.
Día da Ilustración
O Día da Ilustración naceu hai xa catro anos da man da Consellaría de Cultura, e contou desde o primeiro momento coa participación activa da Asociación Galega de Profesionais de Ilustración (AGPI), que levaba xa anos a reivindicar unha data para visibilizar este oficio. "O Día da Ilustración é moi positivo á hora de ir acadando a normalización cultural desta arte en Galicia", asegura Alberto Guitián, representante deste colectivo. Cada 30 de xaneiro, a coincidir co aniversario de Castelao, celébranse nas bibliotecas de titularidade autonómica de todo o país obradoiros, exposicións, encontros e outras iniciativas. No entanto, a xeira deste 2017 supón un paso máis nesta conmemoración, a iniciar con Álvaro Cebreiro unha serie de homenaxes a creadores históricos neste campo. Deste xeito, cada ano a data lembrará unha figura da extensa nómina de ilustradores que traballaron no noso país. Segundo explica Alberto Guitián, "cando propuxemos isto de dedicarlle cada ano a un ilustrador senlleiro foi desde o comezo con vocación de continuidade. Temos figuras como para cubrir unhas cantas efemérides". Un vídeo no que se explican os principais riscos do autor homenaxeado e que pretende achegar a súa figura de xeito especial a centros de ensino e públicos novos, e unha exposición de manuscritos e publicacións na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura son os actos que este ano abren estes homenaxes.
As bibliotecas como centro
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explica sobre a implantación desta efeméride que "é difícil consolidar unha cita como esta. Hai que ila colocando nos diferentes programas de actividades. O Día da Ilustración naceu co Calendario do Libro e da Lectura ao mesmo tempo que o Día do Usuario das Bibliotecas. E no caso desta última celebración, a data está xa absolutamente descentralizada, e realízase en todo tipo de bibliotecas, alén das que son autonómicas. O que se tenta en xeral é propor a celebración, e non teño dúbida de que esta é unha data absolutamente necesaria, que pensamos ten que estar no calendario ao pé do Día do Libro ou do Día das Letras". Polo momento, as bibliotecas concentran o groso de actividades dunha celebración ten aínda pendente dar o salto a outros ámbitos para se integrar de xeito efectivo na nosa sociedade. Na mesma liña, a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal, asegurou na presentación desta edición do Día da Ilustración que "cando puxemos en marcha o Día da Ilustración, a idea era dar a coñecer os grandes ilustradores que temos en Galicia e achegalos ao público xeral. Ata hai pouco nin sequera aparecía o seu nome nas capas dos libros de debuxaban. Con esta novidade ademais de coñecer os ilustradores actuais a través das diferentes actividades e do propio cartel de cada edición, queremos tamén dar a coñecer ilustradores históricos". Para Guitián, "as bibliotecas cumpren un grande papel na difusión da ilustración, pero esta arte é moito máis do que o libro infantil e xuvenil. Nese sentido salienta a importancia de coordinar esforzos. "Cómpre artellar sinerxías e proxectos que impliquen os diversos sectores e axentes na mesma dirección: Lectores, creadores, administración, bibliotecas, centros de ensino, museos, asociacións sectoriais ou medios. A efeméride está a medrar, agora engadímoslle estoutra parte, e agardamos que mediante o traballo en equipo a celebración continúe a medrar un pouco cada ano".
Compostela ilustrada
O pasado mes de novembro Santiago acolleu durante tres xornadas a primeira edición de Compostela Ilustrada. O I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe concentrou a 200 afeccionados ao debuxo que, capitaneados por Miguelanxo Prado e con convidados como Cater Muller, Inma Serrano, Sagar Forniés, Jorge González, Joaquín González Dorao, Ana Luísa Frazão, Fermín Solís ou Clara Marta, percorreron rúas e locais da cidade e plasmáronos cos seus lapis. Segundo explica Prado, director do evento, "A idea naceu dunha coincidencia entre Gemma Sesar, de El Patito Editorial e miña. Eu tiña pensado artellar algo nesta liña a aproveitar esa parte cadernista que teñen moitos profesionais da ilustración e da banda deseñada. Ela, pola súa banda, tiña relación coa parte estruturada de persoas que fan quedadas organizadas para debuxar e participan en xornadas deste tipo. Entón puxémolo en marcha con esta estrutura na que hai un groso de participantes deste último eido e logo varios convidados que teñen ese perfil pero que son profesionais xa establecidos".
Cadernos de viaxe
A orientación do encontro cara aos cadernos de viaxe quere, segundo Prado, "engadir un reclamo máis á cidade nun campo de ata o de agora non era patente. De certo cada ano virá a Compostela un lote de xente con cadernos e levarán moitos debuxos, pero estruturar ese uso tamén lle dá unha nova visibilidade ao lugar". Ademais, ao su ver "a categoría de caderno de viaxe era a única clara á que podiamos chegar para buscar unha denominación. Aí intégranse tanto os cadernos máis clásicos como os que encho eu cos debuxos da xente que vexo nun aeroporto mentres agardo un voo. Ou o traballo de Jorge González, que aínda que nun 80% emprega os seus cadernos para tomar apuntes dos traballos en que está metido, tamén recolle debuxos dos sitios polos que pasa. En xeral vimos que a maior parte das achegas dos participantes entraban nesa categoría".
Conexións
Coas 200 prazas dispoñibles cubertas a un mes vista do evento e unha grande actividade tanto dentro como fóra de programa, o evento resultou un grande éxito. "A participación foi moi alta, a climatoloxía comportouse medianamente, aínda que choveu varios días, e a mestura de profesionais e afeccionados a debuxar xuntos funcionou moi ben. Había convidados como Jorge González, que era moi didáctico e mesmo propuña exercicios e xeitos de traballar, pero en xeral funcionou a fascinación de compartir esas horas de debuxo e conseguimos unha convivencia sen barreiras. Polas noites o sistema de ceas e tapas estaba moi ben pensado e os participantes, sen estar todos concentrados nun mesmo lugar, atopabámonos e charlabamos dun xeito moi natural. O retorno que tivemos foi excelente e a xente marchou cunha impresión moi boa".
Allariz Debuxado
Tres meses despois, case en paralelo ao Día da Ilustración se celebraba a primeira edición de Allariz Debuxado. Os días 27 e 28 de xaneiro a vila acolleu esta proposta na que obradoiros, conferencias e unha exposición abordaban desde diferentes perspectivas esta disciplina. A iniciativa partiu da libraría Aira das Letras e mais da Escola de Arte Superior e Deseño de Ourense, Antonio Faílde. Segundo explica Carlos Airas, da libraría, o proxecto naceu do contacto que manteñen as dúas entidades. "Coincidía o trinta aniversario da Escola, e pensamos en montar unha actividade potente". Con Luís Carreira, profesor na Faílde, coordinaron unha proposta para a que contaron co alumnado deste centro e mais co da Pablo Picasso da Coruña. "A verdade é que non tiñamos medo de que o evento ficase baleiro, aínda se apuntou xente de fóra e chegamos a unhas 130 persoas". No programa, "Ao ser o primeiro ano fixemos algo bastante básico, non sabiamos moi ben como ía funcionar. Houbo un primeiro obradoiro de debuxo rápido", a cargo de Isabell Seidel, "e logo varias conferencias formativas", con profesionais como Juan Berrio ou Javier Sáez. De cara ao futuro, semella que haberá novas citas en Allariz. "A nosa idea é continuar, estivemos a falar con algúns dos convidados e contounos proposta que facía noutras xornadas. Vimos formatos interesantes que podemos incluír para o vindeiro ano, pero aínda imos comezar agora a pensar na segunda edición", explica Airas.
O potencial
A repasar as iniciativas en marcha, Alberto Guitián recoñece posible que "comece a haber unha maior presenza da ilustración no día a día e que se estea a acadar máis proxección. É certo que con Internet e as redes sociais a xente amosa a súas cousas e conséguense sinerxías. Está moi ben que xurdan cousas como as xornadas de Allariz. Son pequenas bolas de neves que van medrando e collendo peso". Esta súmanse a outras propostas "moi interesantes, que xorden tanto de xeito máis ou menos espontáneo, como os encontros de autoedición ou obradoiros, como desde centros de ensino ou colectivos profesionais como a propia AGPI", que desenvolve desde hai anos o Encontro Galego de Ilustración e que lanzou o pasado ano A guía ninja do ilustrador para difundir os dereitos dos profesionais neste ámbito. Airas, pola súa banda, ten claro o potencial que presenta a ilustración, e precisamente nese sentido desde a libraría crearon unha nova proposta empresarial, Punto e Coma, centrada en agasallos e produtos promocionais personalizados mediante a ilustración. Puzzles, xoguetes tradicionais ou modernos e outros obxectos retratan, da man do ourensán Miguel Robledo, diferentes aspectos do noso país. "No noso caso tamén traballamos con ilustradores e vivimos un pouco disto. Entón estas xornadas tamén son interesantes para nós, de cara a ter contactos e coñecer novos ilustradores", explica. Ao seu ver no noso país "hai un grande nivel. Galicia está entre as tres comunidades máis potentes neste campo en todo o Estado, e iso é algo a aproveitar
Sociedade visual
Prado, pola súa banda, sinala que "en concreto este asunto dos cadernos é unha das cousas máis interesantes que se puxeron en marcha nos últimos dez ou quince anos. Aínda que o formato xa existía de antes, o fenómeno non tiña esta estrutura organizada. E isto rescatou a moitísima xente. Coñezo persoas que só os coñecía como interesados na arte pero que nunca lles vira cun lapis na man e que agora están metidos en historias destas. E o proceso resulta moi interesante porque alguén que comeza a gozar do debuxo e comparte este interese con outra xente tamén se acaba interesando por outras actividades lindeiras, e iso vese". Así por exemplo, salienta o feito de que o libro ilustrado foi o que mellor resistiu a crise no sector editorial estatal. "Tamén se está a deixar de lado a idea de que era un produto infantil, isto hoxe está fóra de toda discusión". En xeral "o concepto de ilustración mudou moito, e é algo lóxico porque estamos nunha sociedade que ata poderiamos considerar como excesivamente visual, todo o que non teña un soporte visual acaba relegado. Entón estaba claro que a ilustración, en todas as súas formas, tería que acabar ocupando moito espazo desa realidade". Na mesma liña Guitián lembra que a ilustración "hoxe expándese a linguaxes e soportes nos que non entrara ata hai ben pouco, e este é tamén un xeito de chegar a máis xente. A ilustración ten cada vez máis relevancia na comunicación, o entretemento e, en xeral, na cultura contemporánea".