O Premio da Fundación Cuatrogatos, que recoñece cada ano vinte obras para lectores novos no ámbito editorial hispanoamericano, conta nesta ocasión con presenza galega. O libro de poemas Mundinovi, con texto de Juan Carlos MartÃn e ilustracións de Federico Delicado é o único traballo dunha editora do paÃs presente nesta selección internacional. Ademais, entre os finalistas aos galadróns, aparece tamén o poemario En la cuna del mar de Antonio GarcÃa Teijeiro con ilustración de Xosé Cobas, que publicou a firma viguesa Creotz Ediciones. Para alén dos premios, Kalandraka ten tamén cinco obras na listaxe de 90 recomendacións que fai esta entidade. A Fundación Catrogatos, con sede en Florida, naceu da man dos escritores Sergio AndricaÃn e Antonio Orlando RodrÃguez coa intención de investigar a produción editorial en Español no campo da literatura infantil e xuvenil.