As polÃticas da Xunta encol do patrimonio para o vindeiro ano non terán moitas novidades. Cando menos, asà o aventuran as partidas nesta materia que se inclúe no anteproxecto de orzamentos. Proxectos de recuperación de edificios relixiosos, investimento en pinturas murais e lixeiros incrementos na colaboración co terceiro sector e no apoio a museos destacan nun panorama que segue marcado polos recortes.
Unha lixeira suba chega aos fondos destinados ao programa de Protección e Promoción do Patrimonio Histórico, ArtÃstico e Cultural para 2017. Este campo suma para os vindeiros doce meses un total de 12.910.804 euros fronte aos 12.834.588 do pasado exercicio. O incremento, no entanto, fica absorbido polo crecemento de gastos en persoal (que pasan de 7,6 a 7,8 millóns) e non consegue compensar os oitocentos mil euros que se perderan en 2016. Deste xeito, as principais partidas neste ámbito sofren novas minguas a respecto de 2016, polo que non se perciben mudanzas particulares nas polÃticas públicas neste campo. Isto resulta especialmente destacable se temos en conta que son as primeiras contas autonómicas desde a aprobación da nova Lei de Patrimonio Cultural, pendente de desenvolvemento.
Edificios e xacementos
O grande peso deste programa recae, ao igual que no pasado exercicio, nos fondos orientados a "Intervencións en edificios e outras construcións", que fica con 2.169.651 euros, 52.000 menos que en 2016, e mais en "Intervencións no patrimonio cultural e nas infraestruturas culturais", que malia a perder 100.000 euros fican con 1.373.497. Os dous apartados vÃranse fortemente reforzados nas contas de 2016 e semellan manter o seu peso a vertebrar os investimentos neste ámbito. É de supor que serán a estas partidas ás que se adscribirán actuacións como as que se acometerán nas catedrais de Ourense e Mondoñedo, os mosteiros de Sobrado dos Monxes e Oseira ou a Muralla de Lugo, e que xa adiantou o propio conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, na presentación destas cifras ante o Parlamento.
Pola súa banda, a partida orientada á adquisicións de Bens Culturais (a incluÃr infraestruturas) mantense en 208.938 euros. Ademais, desaparece das contas o importe destinado novos investimentos en museos e centros de interpretación, que o pasado ano contaba con 20.000 euros, polo que non é de agardar novas actuacións neste sentido. Os 100.000 euros orientados a Conservación, protección e consolidación de xacementos arqueolóxicos, dentro dos que o conselleiro adiantou investimentos nos castros de Vilalonga, San Cibrao de Lás e Cidadela, mantéñense iguais ao ano pasado.
A completar estas actuacións, RodrÃguez anunciou tamén un investimento de 1,3 millóns de euros que se destinarán á demorada rehabilitación do complexo de San Francisco, en Ourense, onde se prevé abrir o futuro Museo da Arte Medieval. No entanto, nesta ocasión os fondos non proveñen do programa de Patrimonio, senón que se computan nas contas da SecretarÃa Xeral de Cultura.
Bens relixiosos
Tal e como o conselleiro destacou na presentación dos orzamentos, unha das estrelas do vindeiro exercicio, e das poucas partidas que ascenden, é o plan para a Conservación e Restauración de Pinturas Murais e Retablos, que multiplica os seus fondos de 50.000 a 230.000 e supera asà o descenso que sufrira no anterior exercicio, cando perdera a metade do seu capital.
É de salientar pola contra a pronunciada mingua que se dá no investimento no Convenio Xunta-Igrexa para Intervencións no Patrimonio ArtÃstico. De 335.000 euros que acadara no pasado ano volta aos 120.000 con que contaba no anterior. No entanto, hai que sinalar que o anunciado plan de pinturas murais e retablos cobre nunha grande medida actuacións que se poderÃan ter integrado neste convenio. Deste xeito, o patrimonio relixioso mantense como un daqueles no que veremos máis actuacións ao longo do vindeiro ano.
Os recortes non afectan unicamente ao investimento en recuperación e ben inmobles. Tamén se ven severamente afectadas as previsións de gasto para traballos de restauración en patrimonio moble e documental. AsÃ, mentres a partida orientada a "adquisición e restauración" destes bens mantén os 50.000 euros de 2016, o apartado de restauración destes mesmos elementos que se inclúe no epÃgrafe "Restauración de patrimonio moble e documental " baixa de 70.000 a só 11.000
Contas coa sociedade
AÃnda que mudan o nome de "Axudas a institucións e outras entidades sen ánimo de lucro", a "Convenios en materia de patrimonio cultural", os fondos de colaboración da ConsellarÃa co terceiro sector no ámbito patrimonial manteñen os 133.334 euros que xa levan fixos varios anos. Do mesmo xeito, as axudas a este tipo de entidades en materia de intervencións arqueolóxicas fican tamén cos 25.000 euros de que dispuñan. Neste sentido, o reforzo na colaboración co terceiro sector restrÃnxese ás axudas orientadas á conservación e protección do patrimonio cultural, xa que ascenden de 10.000 a 50.000 euros.
O conselleiro destacou o maior apoio que recibirán os museos, outro dos ámbitos que ven incrementado o seu apoio. En concreto, as actividades difusoras soben de orzamento un 11% , ata os 456.710 euros, mentres a as orientadas a mobiliario fano un 12% e chegan aos 814.000. Tamén destacou o RodrÃguez os incrementos en fondos orientados á catalogación e inventario, un sector que suma 86.000 euros e chega a 465.437, a superar os recortes de 2016. A este apartado, tal e como adiantou, corresponderá tamén cubrir os novos traballos de delimitación das Rutas Xacobeas.
O peso local
Se ben a recente Lei do Patrimonio traspasa competencias neste ámbito aos concellos, non semella que os orzamentos do programa correspondente apoien o desenvolvemento efectivo dese papel. AsÃ, os convenios da ConsellarÃa con entidades locais para a conservación do patrimonio cultural manteñen a contÃa de 90.000 euros, do mesmo xeito que os convenios con empresas para intervencións arqueolóxicas, que fican cos 25.000 de 2016.