Luns é o tÃtulo da obra coa que Eli RÃos se facÃa esta mañá co XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester na modalidade de obras en galego. A Deputación da Coruña facÃa público o fallo da que é a primeira edición do galardón que conta cunha categorÃa especÃfica para obras na nosa lingua. O xurado, composto por Ramón Nicolás RodrÃguez, Mercedes Queixas Zas, Eva Moreda, Ledicia Costas e Mario Regueira con Mercedes Fernández-Albalat de secretaria e Goretti SanmartÃn de presidenta, destacou que a novela está construÃda arredor dunha protagonista que é unha "personaxe feminina perfilada con solvencia que se bota un pulso a sà mesma ante unha situación vital dramática". Asimesmo, valorou na obra a súa "capacidade de reflexionar sobre as duras circunstancias que acontecen na súa vida, cunha perspectiva de xénero, tecnicamente innovadora, exposta nunha corrente de consciencia que conmove".
En total, foron 101 os traballos que se presentaron ao certame, unha cifra que bate marcas ao superar amplamante os 47 traballos en galego que aspiraron á edición de 2009. Destas, seleccionáronse 18 entre a que o xurado escolleu a novela de RÃos. A gañadora leva 25.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada, ben directamente pola Deputación, ben a través doutra editorial.