O cineasta documentalista Antonio Caeiro presenta este sábdo o seu vindeiro proxecto audiovisual, o documental Eu tamén necesito amar. o Auditorio do Centro Cultural de Mañufe (Gondomar) acollerá ás 19:30 un acto de presentación deste proxecto que aÃnda está en fase desenvolvemento a cargo de Ollomol Audiovisual de Gondomar e a Asociación Cultural O Faiado da Memoria de VilagarcÃa de Arousa. Antonio Caeiro conta nos eu haber con outras obras documentais como Aillados, A memoria nos tempos do Wolfram ou , nos que xa se achegaba a distintos episodios e circunstancias da época da posguerra e a represión franquista. Neste novo documental o realizador estuda a situación que a represión polÃtica, relixiosa e social causaba no máis Ãntimo da vida das persoas, incidindo no impacto sobre a vida sentimental, romántica e sexual. Para isto o cineasta conta coa participación e testemuña de 17 mulleres que relatan de xeito oral as súas historias persoais. O documental ten prevista a estrea en primavera do ano 2017.