Un acto na casa de Neira Vilas en Gres, Vila de Cruces, serviu para homenaxear este autor e activista pola lingua e o paÃs cando se cumpre un ano da súa morte. No evento celebrado onte presentou o número 39 da revista Raigame, do Centro de Cultura Popular XaquÃn Lorenzo, dedicado integramente ao homenaxeado. O volume recolle integramente os contidos do número 35 desta publicación, que xa fora un monográfico sobre Neira Vilas, e incorpora ademais novos textos a cargo de persoas próximas a el como o actual director da súa Fundación, Luis Reimóndez, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, o seu sobriño Fernando Redondo Neira, ou RosalÃa Merlán. O evento contou coa presenza de persoeiros como o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, Manuel Doval da Deputación de Ourense ou Carlos Seijo, director do documental Espantallo amigo, que se proxectou durante o acto.