Logo dos seus recentes lanzamentos en Estados Unidos, o ourensán David RubÃn volta ao panorama estatal e presenta Gran Hotel Abismo. O volume de 120 páxinas en formato apaisado que lanza Astiberri conta cun guión do catalán Marcos Prior e presenta unha sátira polÃtica chea de acción na que se ataca de xeito crú o neoliberalismo e a violencia estrutural dos mercados. O Salón do Cómic de Getxo acolle o vindeiro 18 de novembro a presentación oficial da obra e marca o inicio dunha xira de presentación que chegará ao noso paÃs o 14 de decembro, cun acto na librarÃa pontevedresa Paz. Banda Deseñada, en Vigo, o 15, a compostela Kómic o 16, a coruñesa Alita o 17 e Sindicato del Cómic, en Ourense, o 23, completan as datas previstas en Galicia.
De xeito paralelo Tirso Cons acaba de lanzar un tÃtulo que continúa a súa carreira no mercado francés. Delcourt publica Sept Cannibals, o volume 19 da serie "Sept", para o que conta cun guión de Sylvain Runberg. A historia, autoconclusiva, presenta a historia de sete acaudalados homes para os que se alimentar doutros seres humanos supón un tipo de ritual. Cons está tamén a piques de ver publicada en castelán unha nove edición do volume recompilatorio da serie La casa de los susurros