A escritora de orixe sueca e galega de adopción, Marta Dahlgren Thorsell, recibiu o pasado venres en Cambados o premio Plácido Castro de Tradución pola traslación ao galego da obra KallocaÃna, de Karin Boye. O premio Plácido Castro de tradución, de periodicidade anual, quere reivindicar asà a dimensión tradutora de Plácido Castro, a transcendencia da tradución para o sistema literario e cultural e recoñecer o labor dos actuais tradutores e as súas obras. O xurado, que se reuniu en Pontevedra a finais do mes de xuño, destacou o feito de que sexa unha interpretación directa do sueco, unha lingua pouco traducida ao galego. Igualmente, os membros da xunta subliñaron a mestrÃa da tradución e sinalaron que se trata, ademais, dunha obra actual que conecta á perfección coas novas xeracións de lectores e lectoras. Dahlgren recolleu o galardón de mans da alcaldesa, Fátima Alonso, e da presidenta da Fundación Plácido Castro, Susi Castro.
Por outra banda en Vigo fallouse e entregouse o IIIº Premio de Relato Vigo Histórico, que premia obras en galego ou castelán cuxa acción transcorra fundamentalmente na cidade olÃvica . O premio de 1000 euros outorgado pola Editorial Elvira foi este ano para unha obra titulada “Nunha maleta caben todos os ventos” de Maria del Carmen Pereiro Oliveira. O relato de Pereiro foi un dos 34 presentados en galego de entre os 170 que foron admitidos. Ademais o xurado recoñeceu cinco accésits que foron para os relatos "Sereo" de Pilar Ortega Pereiro; "Xente do mar", de Lidia Gregorio Selas; "El florón", de MarÃa Comesaña Romero; "Charcos", de Miguel Pereira Rodrigo e "La chica del violonchelo" de Urbano Barrios SantamarÃa.