A Asociación de Críticos Literarios reuniuse o sábado para decidir os premios que concede anualmente. A obra póstuma de Carlos Casares O sol do verán e o poemario Dársena do Ocaso de Xavier Seoane foron os gañadores en lingua galega. E esta fin de semana tamén se deron a coñecer os premios da canteira literaria que desde hai 31 anos convoca o colexio Peleteiro, os Premios Minerva. Os galardoados nesta edición foron o vigués Diego García e a lucense Lidia López en narración e poesía respectivamente. Por último, os escritores Francisco Antonio Vidal Blanco e Xosé Agrelo foron os gañadores do Premio de Relato de aventuras Avilés de Taramancos que concede a casa de cultura de Noia.
Máis información sobre o premios da crítica en
El Correo Gallego, sobre os Minerva e sobre o Avilés en La Voz de Galicia.



