A banda larga xa chega ao 71,4 por cento dos fogares

A Xunta publica un Diagnóstico da Sociedade da Información en 2015

7/9/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Internetcomunicación
26 lecturas | Compartido 0 veces

Galicia vai reducindo a fenda dixital e aproximando as métricas da sociedade da información a valores da media estatal, alomenos segundo indica o informe A Sociedade da Información nos fogares galegos editado pola axencia AMTEGA, da Xunta de Galicia. O informe destaca a redución das diferencias entre Galicia e outros territorios. No caso da banda larga, que xa chega ao 71,4% dos fogares, "o crecemento porcentual de Galicia durante os años 2012-2015 foi do 34,5%, un 16,6% en España e un 11,1% na Unión Europea". O informe analiza usos e hábitos e conclúe que "a ocupación e nivel de estudos, a renda familiar, o tamaño de hábitat, a idade ou a presenza de nenos no fogar son os factores que máis repercuten no uso das TICs ".


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Unión Europea, Medios de comunicación