A fenda dixital é cada vez máis estreita. Asà o constata un estudo que analiza polo miúdo o equipamento e o uso das TIC e a súa evolución nos fogares galegos. No que atende ao primeiro, o máis destacable é que no ano 2008 o 62,3% da poboación tiña un computador no fogar, o que supón converxer coa media estatal, do 63,6%. Con respecto ao uso, o 55,3% da poboación utilizou un ordenador nos últimos tres meses, o que supuxo un incremento de 7,6 puntos con respecto a 2007. Sen embargo, o estudo indica que se segue a detectar fenda dixital entre diferentes niveis socioeconómicos e xeográficos da poboación. O informe foi elaborado polo Observatorio Galego da Sociedade da Información, no marco do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).