A maiorÃa dos mozos galegos emprega internet de xeito frecuente, incluso por riba da media estatal; dous de cada tres internautas galegos é usuario das redes sociais, elévase o numero de fogares que teñen contratada Internet de alta velocidade (e empregan ordenadores ou outros dipositivos); increméntase a venda por Internet e os trámites coa administraciónÂ… o balance de 2011 en canto a sociedade da información é moi positivo. Asà o constata un informe elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA), entidade integrada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e feito público hoxe.
O Informe sobre a Sociedade da Información na Poboación de Galicia é un documento que se presenta cada ano, co obxecto de coñecer o equipamento do que dispoñemos nos fogares, asà como o uso que facemos da rede, con 1.692 enquisas presenciais.
Resumo dos principais resultados.O Informe sobre a Sociedade da Información na Poboación de Galicia é un documento que se presenta cada ano, co obxecto de coñecer o equipamento do que dispoñemos nos fogares, asà como o uso que facemos da rede, con 1.692 enquisas presenciais.