Medra a contratación de Internet nos fogares galegos

O 63 por cento están conectados á rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Internet
Compartir:

A contratación de Internet nos fogares galegos subiu un 18% desde 2011, o maior incremento de todo o Estado. Así o sinalan os datos do Instituto Nacional de Estatística que recolleu o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA). No entanto, o noso país continúa, cun 63% dos fogares conectados, por tras da media estatal, cifrada nun 67,9%. A maior parte das novas conexións realizáronse en concellos de menos de 10.000 habitantes, que incrementaron nun 30% as súas conexións. De xeito curioso, o Observatorio sinala que Galicia está por riba da media Estatal en 2,3 puntos nos municipios de entre 50.000 e 100.000 habitantes.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Instituto Nacional de Estatística, Medios de comunicación