Aumentan por riba da media española os conectados con banda larga

O Observatorio da Sociedade da Información fai pública a súa memoria anual

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

Segundo o Observatorio da Sociedade da Información, os usuarios conectados a Internet con banda larga aumentaron nun 21,4% fronte ao 11,9% da media estatal e o 8,9% da media europea durante 2010. A porcentaxe total de usuarios conectados continúa a ser inferior, con todo, á porcentaxe media española. O informe sinala como fortalezas de Galicia no ámbito da sociedade da información os "bos niveis de equipamento e uso TIC no hábitat urbano, o maior uso das TIC entre as
persoas de 10 a 34 anos e o importante uso da eAdministración por parte da poboación". Pola contra, as debilidades continúan a ser, segundo o informe, os condicionantes xeográficos e socioeconómicos. O Observatorio é un organismo dependente da Secretaría Xeral de Modernización da Xunta de Galicia.

Galicia aumentou nun 21,4% a porcentaxe de conexión a Rede fronte ao 11,9% da

media estatal e o 8,9% da media europea

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Internet, Xunta de Galicia, Medios de comunicación