O 85% dos adolescentes galegos conectáronse a Internet nos últimos meses e a práctica totalidade deles empregou o ordenador. Javier Zorrilla, responsable da zona norte de España de Telefónica, presentou hoxe pola mañá en Compostela os datos galegos do Informe da Sociedade da Información en España, que permiten coñecer, desde a perspectiva da operadora, a evolución do sector dixital no paÃs e a súa penetración entre a poboación. Os datos galegos marcan, segundo Telefónica, unha tendencia positiva no uso das novas tecnoloxÃas no contacto coa Administración (máis da metade dos galegos conectados fai trámites coas administracións, aproximadamente un 26% da poboación), estando un 5% por riba da media. Zorrilla tamén sinalou que o uso do comercio electrónico en Galicia estaba por riba da media estatal. Pola súa banda, Mar Pereira, secretaria Xeral de Modernización, destacou o plan de dotación de cobertura de banda larga a 11.000 núcleos do rural, contrato adxudicado a Telefónica, quen empregará tecnoloxÃa 3G para cumprir a condición.