Case un 65 por cento dos fogares galegos teñen acceso a Internet

Publícanse os datos do Informe da Sociedade de Información de Telefónica 2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

É un dos informes de referencia para coñecer a evolución dos indicadores da sociedade da información no Estado, e acaba de publicar a súa edición 2013. Os números abondan en tendencias xa habituais en Galicia: un 64,7% dos fogares dispoñen de acceso a Internet e deles, practicamente case todos disfrutan de banda ancha. Un 45% dos usuarios de Internet empregaron banca electrónica e un 65% redes sociais nos últimos tres meses e Galicia destaca porque é a segunda comunidade autónoma en uso da Administración electrónica para obter información e descarga de formularios e porque as microempresas galegas reducen a brecha dixital coa media estatal en varios indicadores de equipamentos e comunicación en Internet.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Medios de comunicación