De cada cen fogares que hai en Galicia, cincuenta (50.1%) teñen ordenador, case trinta (29.6%) conexión a internet e case vinte (19.4%) conexión de banda ancha como ADSL ou cable. Malia que o incremento desde o 2004 é abondoso en cada en cada un dos indicadores (case nove puntos porcentuais) seguimos á cola do resto do Estado en todos eles. Son algúns dos datos da enquisa do primeiro semestre do 2006 sobre “Equipamento e uso de tecnoloxÃas da información e comunicación nos fogares españois” que vén de facer o Instituto Nacional de EstatÃstica. Os indicadores nos que mellor situados estamos é no uso que os nenos (de 10 a 14 anos) fan de Internet e do teléfono móbil (62.3% fronte o 58.3% de media que ten o Estado).
Consulta os datos no web do INE