Un 82,6 por cento dos fogares galegos teñen conexión a Internet, o que supón un incrmento do 4,8% a repsecto do pasado ano. Asà o revelan os datos que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de EstatÃstica no seu estudo sobre equipamento e uso da TIC. De todos estes fogares, un 84,8% emprega unha conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man, o que supera a media estatal. O maior crecemento en conexións nos últimos 12 meses estudados deuse nos concellos de entre 10.000 a 20.000, onde houbo un 10,3% máis fogares conectados. Tamén se deu un crecemento significativo no número de usuarios de Internet de entre 65 e 74 anos, cun 8,6% máis respecto ao ano anterior.