A sociedade da información acelera a súa implantación en Galicia

O 68 por cento dos fogares ten ordenador e o 63 por cento conexión a Internet

14/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicación
13 lecturas | Compartido 0 veces
O ritmo de implantación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) en Galicia acelerouse ao longo de 2012. Segundo o informe La sociedad de la información en España editado pola Fundación Telefónica, un 68% dos fogares do país ten cando menos un ordenador, un 4,15 máis do que en 2011. Ao tempo, nun 63% hai conexión a Internet, o que supón un incremento de 18,2 puntos nun só ano. A case totalidade das conexións (un 62,3% dos fogares) son de banda ancha. A nivel de empresas, o 98,8% das que ten máis de 10 empregados ten conexión á rede e o 69,4% ten web. Ademais, e segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a terceira comunidade en emprego da Administración Electrónica para obter información e para descargar formularios oficiais.

Universo culturagalega.gal