Ralentízase a implantación de Internet en Galicia

O informe Estado da Sociedade da Información en Galicia 2009 serve de presentación para o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización

22/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: tecnoloxía
11 lecturas | Compartido 0 veces
Un 42,3% dos fogares galegos ten contratada conexión a Internet, dos cales un 38,4% dos mesmos conta con banda larga, segundo os datos do informe Estado da Sociedade da Información en Galicia 2009 que se presentaba esta mañá. Malia a que as cifras amosan un incremento a respecto de 2008, revelan tamén que a tendencia crecente dos últimos anos está a se moderar e que medra a distancia a respecto da media española e europea. O informe serviu de presentación para o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) que se dedicará a analizar a implantación das novas tecnoloxías na comunidade.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos