Galicia reduce a fenda dixital con España, pero "a un ritmo menor do desexable"

A conexión de Internet nos fogares medra un 15,6% con respecto a 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

O Observatorio da Sociedade da Infomración e a Modernización de Galicia analizou os últimos datos do INE sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e da comunicación en España no 2009. As cifras revelan un incremento xeral da dotación e da conectividade dixital en Galicia. Un 5,3% máis de fogares galegos, en relación a 2009, dispoñen dalgún ordenador nas súas casas. E a conexión a Internet en Galicia incrementouse un 15,6% con respecto ao 2009, situándose nun 48,9%. As cifras revelan un crecemento superior á media española, pero para a Secretaría Xeral de Modernización, "Galicia reduce a fenda dixital no uso das TIC pero a un ritmo menor do desexable".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, TIC, INE, Medios de comunicación

Claves

Entidades