O 60 por cento dos internautas considera que a presenza de contidos galegos na rede é baixa

Medra o número de usuarios que empregan software en galego

4/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
12 lecturas | Compartido 0 veces
O 59.4% das persoas que acceden á rede consideran que a presenza de contidos en galego que están dispoñibles na rede é “baixa” ou “moi baixa”. Así se desprende da Enquisa á poboación xeral sobre a Sociedade da Informacion en Galicia elaborada polo Observatorio Galego da Sociedade da Información. O estudo establece ademais que o 11.9% da poboación galega con ordenador no seu fogar ten instalado un sistema operativo ou aplicacións en galego, fronte ao 8,6% de 2007.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves