Hoxe presentouse Galinux, un sistema operativo completamente de fontes abertas (open source), integramente en galego. Galinux está baseado nunha popular distribución de Linux -o sistema operativo de fontes abertas máis estendido- chamada Ubuntu, coñecida pola súa facilidade de instalación e xestión. A ConsellerÃa de Innovación e Industria da Xunta de Galicia realiza esta distribución incorporando o paquete ofimático Open Office e todo o software básico dun sistema operativo na actualidade: programas para ver vÃdeo, audio ou mensaxerÃa instantánea. Galinux foi realizado por Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos en Software Libre da ConsellerÃa de Innovación e Industria, co obxectivo de avanzar "na independencia tecnolóxica" establecida no Plan Galego da Sociedade da Información. Galinus pode descargarse desde a rede e hai 5.000 copias dispoñibles en CD.