Máis de 40 propostas culturais inundarán Santiago de Compostela no WOS Festival

A ambiciosa programación musical e cultural do evento urbano alternativo xa está dispoñible

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaAudiovisual
Compartir:

Xa se coñecen todas as propostas musicais que conforman o programa da terceira edición do festival urbano de cultura alternativa WOS. As derradeiras confirmacións reveladas esta semana son Vessel, Black Cobra, Tin Man, Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs Pigs, ARIES, Pablo Electrocute, Nzumbe e Dj-Firmeza que se unen aos xa previamente confirmados Silver Apples, Thee Oh Sees, Roly Porter & MFO, Dead Meadow ou The Soft Moon. A presenza galega no evento que encherá de música espazos singulares de Compostela entre o 7 e o 11 de setembro estará representada por Triángulo de Amor Bizarro, Disco las Palmeras!, Fogbound o Malandrómeda vs LAR Legido.

WOS Festival defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal, pero con vocación multidisciplinar, o bloque principal do proxecto confórmano as actuacións musicais, pero tamén hai espazo e tempo apara outras manifestacións artísticas dos eidos audiovisual, gastronómico, artes escénicas, exposicións gráficas, etc, así como conferencias e mesas redondas. WOS Encontros contará nesta terceira edición con seis coloquios orientados tanto ao público en xeral como a profesionais da industria cultural. Na Cidade da Cultura e o CGAC terán lugar cinco coloquios: ‘Sold Out!: Novas estratexias tecnolóxicas aplicadas aos eventos culturais’; ‘Festivais 2.0: Creatividade e risco na xestión cultural’; ‘Novos medios, novas realidades: innovación audiovisual e o seu impacto na industria cultural; ‘Son & Visión: Unha historia do videoclip galego’; ‘Publica a lenda: mito e realidade da prensa musical independente’. Ademais destes espazos o WOS distribuirá a súa actividade por mprazmentos como o mercado de Abastos, a Fundación Granell, a sede da SGAE, o Teatro Principal e as distintas salas de concertos da cidade.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Festivais de Música

Ver serie completa
Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con WOS, Santiago de Compostela, Triángulo de Amor Bizarro, Exposicións...