Hai quince anos botaba a andar no noso paÃs unha iniciativa educativa practicamente única a nivel mundial. Un colectivo privado, os arquitectos, presentaban o Proxecto Terra para introducir no mundo do ensino reflexións sobre o xeito no que vivimos e nos relacionamos no noso contorno. Despois de década e media de éxito a proposta continúa a súa andaina, coa atención na paisaxe como o seu novo desafÃo.
Todo comezou como unha tentativa dos profesionais da arquitectura por se achegar á sociedade. "Aló polo ano 2000, ao longo de moitas conversas no seo do Colexio de Arquitectos detectamos un déficit na comunicación do sector coa sociedade", explica Xosé Manuel Rosales, coordinador e impulsor do Proxecto Terra desde o seu nacemento. "Viamos que non se valoraban as achegas que a disciplina podÃa facer, e entón eu apuntei que o mundo da educación podÃa ser o mellor ámbito para nos dirixir e tentar mudar isto". Coa colaboración de Pedro de Llano, Juan LuÃs Dalda e Antonio DÃaz botou a andar unha iniciativa que tiña como obxectivo fundamental "rachar esa dinámica de incomunicación que existÃa entre a profesión e a sociedade. Queriamos nos facer atender e axeitar a nosa linguaxe especÃfica ao que a xente podÃa demandar de nós e evitar certo ensimismamento que durante anos parecÃa ter a arquitectura". O feito de ser o propio Rosales profesor ademais de arquitecto incidiu de xeito decisivo na orientacion que se lle deu ao proxecto.
Facer comprender a arquitectura
A resumir os tres lustros de actividade do proxecto, Rosales destaca que "nestes quince anos elaboramos materiais para os diferentes niveis educativos, desde Educación Infantil a Primaria e Secundaria". Nun primeiro momento, "comezamos en Secundaria e naquel momento tiñamos unha visión moi focalizada no tema da arquitectura e da visión do territorio. O primeiro que fixemos foron tres unidades didácticas sobre arquitectura popular, contemporánea e identidade territorial". Coa ampliación a novos niveis educativos, no entanto, os contidos do proxecto fóronse facendo menos especÃficos e máis multidisciplinares. "Foise collendo un enfoque máis transversal e aglutinador". Deste xeito, para este nivel presentáronse en 2009, baixo o epÃgrafe O lugar no que vivimos, unha serie de materiais que presentaban "unha reflexión máis xenérica sobre os espazos que habitamos". A maiores da presenza nas aulas, o proxecto achega tamén desde o seu comezo unha serie de actividades complementarias que permiten que o alumnado coñeza de xeito directo a arquitectura e a paisaxe. "Facemos visitas guiadas a diferentes cidades galegas e do Norte de Portugal, porque o proceso de reflexión que propomos abrangue toda a Eurorrexión".
VÃdeo do Intercambio Territorial dedicado a Vigo, unha das actividades complementarias do Proxecto Terra
i>VÃdeo do Intercambio Territorial dedicado a Allariz, unha das actividades complementarias do Proxecto Terra
Os últimos lanzamentos
A ampliar niveis, en 2014 chegaron aos centros de ensino os novos materiais destinados a Educación Infantil. "Preséntase un achegamento aos espazos que habita o alumnado de 4 e 5 anos a nivel sensorial e emocional". A casa, a representar o ámbito privado, o camiño da casa da escola como representación do ámbito público e finalmente a propia escola como ámbito de socialización son os tres eixes doutras tantas historias, O segredo do faiado, O moletiño de pan e O tesouro da escola, agrupados baixo o epÃgrafe Sabela e as zocas máxicas. "A falar da casa preséntaselles unha casa de aldea, que para moita xente da cidade xa supón un ámbito descoñecido. No camiño á escola tentamos que se recoñezan e valoren os diferentes elementos que se visualizan, e no caso da escola percorremos os espazos que se poden atopar".
Na mesma altura presentouse tamén para secundaria PAGUS. Galicia un paÃs de paisaxes. "Neste material presentamos catorce paisaxes que representan a diversidade que temos en todo paÃs. Non temos criterios clasificatorios, só presentamos unha pauta de observación de elementos que podemos identificar e que permiten facer unha lectura do impacto antrópico do medio" explica o coordinador, que salienta a importancia e as posibilidades de educar nesta lectura. "A través da paisaxe pódese ver como as xeracións deixan as súas pegadas e foron construÃndo este territorio. Para alén desa reflexión obxectiva sobre as dinámicas sociais e económicas que xeraron eses cambios, a lectura das paisaxes abranguen tamén os valores emocioniais e identitarios, que son parte indisociable da cultura inmaterial. Isto amosa tamén a complexidade da relación dunha sociedade co medio que habita. E este é para nós o principal interese desta última achega que estamos a facer". Precisamente para celebrar este aniversario, e de xeito semellante a 2010, os responsables da iniciativa están a levar por todo o paÃs unha exposición que a explica a pé de rúa e que amosa os últimos materiais do proxecto.
Mudanzas e revisións
Como é de supor, a experiencia de década e medio de traballo deu tamén en mudanzas no xeito de abordar os contidos, e na actualidade os responsables do proxecto están a revisar os recursos que teñen publicado. Segundo recoñece Rosales, "vemos que o compoñente social da arquitectura ten cada vez máis peso na sociedade. Entón tentamos adaptarnos a esta demanda social, e estamos a revisar os materiais con vistas aos vincular á idea xenérica do dereito ao hábitat. A arquitectura é o noso acubillo no medio no que estamos pero é tamén indisociable do xeito de estar no mundo ou de cómo establecemos relacións sociais. Tentamos achegar esta reflexión sobre cal é o xeito das arquitecturas en que queremos vivir, que funcións deben desenvolver ou que demandas a nivel de calidade de vida se lle deben esixir aos espazos que habitamos"
A singularidade
A iniciativa do Colexio de Arquitectos é singular a nivel internacional. Segundo apunta Rosales "o pasado mes de xaneiro houbo un encontro en Madrid sobre educación en arquitectura. Alà atopamos iniciativas semellantes a esta de Finlandia, RumanÃa, España, Italia, Colombia, Costa Rica ou Brasil. E vimos que a nivel de Estado non hai nada semellante e que de todas as experiencias ningunha tiña un encaixe tan dirixido á ensinanza regrada e a este nivel. En xeral todas as propostas se presentan como apoios aos centros, somos os únicos que apostamos por nos integrar directamente na estrutura educativa.Entón o Proxecto Terra ten unha singularidade enorme no panorama internacional da educación en arquitectura".
A explicar esta peculiaridade, o coordinador do proxecto explica que "os nosos mediadores no proceso son sempre o profesorado. Entendemos que son eles os especialistas no tema e nós unicamente presentamos recursos especÃficos que se poidan integrar nas aulas. Todos os nosos recursos sempre foron elaborados por profesorado do nivel ao que Ãan dirixidos, isto fai tamén que o proceso de creación dos materiais sexa bastante demorado".
O éxito
Os arredor de 50 cursos para profesores, con máis de 2.500 docentes involucrados ou os preto de 45.000 alumnos a participar nas actividades complementarias do proxecto dan unha idea da dimensión que acadou esta proposta educativa. "Nunca tivemos crÃticas porque o material fose inadecuado ao nivel ao que Ãa dirixido", lembra. En xeral as propostas "teñen moitÃsima acollida e son moi valoradas" tanto por parte do alumnado como dos profresores. "Facemos enquisas e obtemos sempre unha valoración moi positiva. Isto anÃmanos a seguir traballando e colaborando", explica. O éxito do proxecto exemplifÃcase tamén no xeito no que rebordou as disciplinas ás que estaba orientado. "Nós nun comezo pensamos en crear materiais para o que era Coñecemento do Medio. Foi unha sorpresa cando vimos que profesores doutras materias como Galego, XeoloxÃa, Debuxo ou TecnoloxÃa amosaban interese por estes recursos. As reflexións sobre a paisaxe e o territorio poden ser empregadas en todas áreas, sempre aparecen puntos interesantes que aproveitar", lembra. Para alén da integración directa dos contidos nas aulas, a iniciativa acadou tamén unha certa concienciación sobre o tema da arquitectura e do territorio no contorno educativo. "Vemos que as editoras incorporan estas reflexións nos seus textos para ensino, algunha editorial xa nos solicitou permiso para empregar estes recursos e nós estamos encantados, están a disposición de todo o mundo".
Como vindeiros obxectivos, o Proxecto Terra depende de "que se poida continuar a colaboración coa Xunta para o financiamento", aÃnda que Rosales recoñece que nunca tiveron problema cos diferentes gobernos autonómicos para que a iniciativa contase con fondos públicos. "Estamos a rematar materiais de educación infantil que se enviarán aos centros en setembro. Revisaremos os de ESO para incorporar a perspectiva do Dereito ao Hábitat, e queremos ampliar a oferta de actividades complementarias", adianta. AÃnda hai Terra para anos.