A poboación galega consume ben menos cultura do que a media o Estado. De feito a nosa comunidade atópase nos postos de cola en moitos dos indicadores. O Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega acaba de publicar un extenso informe no que dá conta das nosas afeccións culturais, e traza un panorama que non resulta moi positivo para o paÃs. Repasamos este datos nunha serie de reportaxes.
Galicia está por detrás da media estatal na maior parte dos hábitos culturais. Lectura, visitas a museos, emprego de bibliotecas ou asistencia a concertos, cinemas ou espectáculos de artes escénicas son algunhas das actividades das que gustamos menos do que os nosos veciños. A comparanza coa media estatal sitúanos sistematicamente por detrás, unha posición que aÃnda empeora cando se trata de incorporar novidades tecnolóxicas como o seguimento de medios por Internet, o uso de computadores ou o propio emprego da rede para fins de ocio e cultura. O Observatorio da Cultura Galega acaba de publicar un documento de traballo no que compara os hábitos culturais e de ocio que teñen os galegos. No mesmo, recolle datos da Encuesta de Hábitos y Prácticas Culturales en España 2014-2015, realizada polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
O perfil galego
Segundo estes datos, as actividades culturais realizadas máis habitualmente pola poboación galega (é dicir, algunha vez no ano) son ler prensa, realizada polo 83% dos galegos e galegas, escoitar música (78,1%) e ler libros (57,6%). Continúan na lista propostas como visitar monumentos e xacementos arqueolóxicos (42%), ir ao cinema (40%), visitar museos, galerÃas de arte e exposicións (35,9%), acudir a concertos (31,9%), visitar bibliotecas (21,8%) ou ver espectáculos de artes escénicas (20,6%). AÃnda que a simple vista o panorama pode non resultar especialmente rechamante, de o comparar coas cifras do Estado, compróbase que Galicia está por baixo na inmensa maiorÃa dos indicadores, o que revela un paÃs con pouca participación nas actividades culturais que se recollen no estudo.
As grandes distancias
É nas visitas ao cinema, con 13,5 puntos de distancia onde se observa unha maior diferenza coa media estatal. Tanto o 40,5% de persoas que foron no último ano como o 27,1% que visitaron as salas no último trimestre sitúannos á cola de asistencia a nivel estatal. O escaso interese polo medio e o prezo sitúanse como principais condicionantes, motivos que se repiten conxunto de España, para non realizar esta actividade. Os que van, iso si, prefiren filmes estadounidenses antes do que producións españolas ou europeas. Outras actividades que amosan importantes diverxencias a respecto do habitual no conxunto do Estado (sempre por baixo) son a asistencia a espectáculos artes escénicas (9,3 puntos porcentuais menos), a escoita de música (9,1 por baixo) ou a visita a museos (-5,9% a respecto da media). Para alén da distancia numérica a respecto da media, que noutros casos é ben menor, resulta alarmante o feito de que algúns indicadores que sitúan á nosa comunidade nos últimos postos entre o conxunto das autonomÃas polos hábitos culturais. AsÃ, ademais da asistencia ao cinema, no emprego de computadores estamos tamén á cola, a case vinte puntos de distancia coa media, un posto que tamén ocupamos a falar da conexión a Internet por motivos de ocio e lecer.
Entre as escasas propostas de ocio e hábitos culturais nas que os galegos destacamos, apenas o interese pola televisión, onde estamos á cabeza de horas de consumo diarias ou a lectura de prensa aparecen como actividades nas que estamos nos primeiros postos. Tamén propostas creativas, como tocar instrumentos, facer fotografÃas ou outras actividades plásticas amosan un certo arraigo na nosa sociedade. Repasamos en vindeiras reportaxes os indicadores nos que estamos peor e aqueloutras cuestións que amosan a nosas particularidades fronte ás tendencias estatais.