A Asemblea Xeral da Organización Nacional das Nacións Unidas (ONU) declarou 2015 como Ano Internacional do Solo. O obxectivo é incrementar a concienciación e a compresión da importancia do solo para as funcións esenciais dos ecosistemas e para a seguridade alimentaria. Setestrelo súmase a este propósito e dedícalle o seu segundo monográfico a este recurso esencial para a vida da man de tres científicos expertos neste terreo. Ao longo desta semana, Francisco Díaz-Fierros, María Teresa Barral e Esperanza Álvarez afondarán desde unha perspectiva próxima nas consecuencias dos incendios, as claves da conservación dos solos e as características que determinan a súa capacidade produtiva.
EDITORIAL
NÚMERO 2 DE SETESTRELO
Por Francisco Díaz-Fierros
O solo é a capa máis superficial da codia terrestre na que se poñen en contacto os elementos da biosfera cos da litosfera. Pero tamén entra en relación coa hidrosfera e a atmosfera a partir do seu sistema de poros, por onde poden fluír o aire e a auga. Como consecuencia destas complexas interaccións o solo é responsable dunha serie de funcións de importancia vital para o desenvolvemento dunha vida de calidade sobre a terra. De entre elas habería que sinalar as seguintes:
a) Regulador da dispoñibilidade dos principais recursos (nutrientes e auga) que sosteñan a vida.
b) Espacio fundamental do ciclo da auga a partir dos procesos de almacenamento e redistribución dos fluxos de auga subsuperficiais.
c) Determinante da biodiversidade e dos hábitats a partir dos diferentes nichos ecolóxicos aos que dá orixe ou condiciona.
d) Filtro e espacio de amortecemento de contaminantes, que afectan dun xeito especial ao ciclo da agua.
e) Reserva de carbono e mitigador do cambio climático.
f) Soporte físico de actividades industriais, urbanas, de lecer, etc.
g) Rexistro histórico, sobre todo en relación cos xacementos arqueolóxicos.
Todo este conxunto de funcións do solo xustifican a necesidade de que este elemento fundamental da denominada Zona Crítica da Terra (NCR, 2001) sexa utilizado co máximo coidado e atención e non co desleixo con que moitas veces foi considerado. Un manexo axeitado do solo debe ser unha das prioridades a ter en conta para que o futuro da vida sobre a terra non se vexa comprometido.
Como Ano Internacional do Solo, 2015 debe ser aproveitado para que todas estas consideracións non fiquen no esquecemento e sirvan para estimular o interese polo coñecemento e a conservación dos solos.