Aínda que o solo se atopa sempre baixo os nosos pés, é ben certo que as máis das veces é un gran descoñecido. Porén, o solo é a base da vida na Terra, unha parte esencial dos ecosistemas, onde se acubilla unha cuarta parte da biodiversidade e onde se produce o 95% dos alimentos que consumimos. Aínda máis, a perda de solo é un problema irreparable, xa que un centímetro de fondura de solo require de douscentos a mil anos para se formar. O solo é, xa que logo, un recurso finito e non renovable a escala humana que necesita protección.
A conservación do solo é un conxunto de prácticas de xestión e uso do solo que se aplican para previr a súa perda ou deterioro por causas naturais ou antrópicas, promovendo o seu uso sostible. E cales son as causas da súa degradación? En xeral débese ás actividades humanas, como as malas prácticas agrarias, a deforestación, a contaminación ou a minería a ceo aberto. Os seus efectos negativos pódense agrupar en perda de solo, perda da súa estrutura, perda ou acumulación excesiva de determinadas substancias e afectación dos organismos do solo. Unha enumeración dos efectos particulares incluiría a erosión, a compactación, a salinización, a acidificación, a contaminación, o selado e a desertización, entre outros danos que se lle poden ocasionar.
Os solos galegos adoitan estar relativamente protexidos fronte á erosión polo efecto da cuberta vexetal e o elevado contido de materia orgánica que favorece a agregación das partículas do solo. Porén, nos cumios e abas dos montes a erosión pode ter importancia, sobre todo cando o solo sofre os efectos dos incendios forestais que destrúen a cuberta vexetal, deixándoo desprotexido fronte aos axentes erosivos e causando a súa degradación física, química e biolóxica. A labranza fóra do tempero e o sobrepastoreo poden causar degradación física por compactación do solo, dificultando o desenvolvemento das raíces e causando asolagamento e falta de aireación no solo.
A contaminación é un problema de menor importancia en Galicia ca noutras zonas máis industrializadas. Aínda así, téñense dado casos de contaminación de solos e augas por hidrocarburos, metais pesados e praguicidas, así como polo efecto das verteduras non controladas de residuos ou pola aplicación excesiva de fertilizantes, fitosanitarios e xurros. Actividades que teñen un forte impacto na integridade do solo son a apertura de pistas, certos traballos de reforestación, a implantación de prados, a urbanización que soterra ou elimina os solos de boa calidade e, de xeito particularmente agresivo, a minería a ceo aberto, que altera fondamente a paisaxe cos ocos de explotación e amoreamento de refugallos nas entulleiras.
Como actuar para conservar o solo? O primeiro paso é o coñecemento da calidade do solo, que serve de base para a planificación do seu uso, tendo en conta as súas capacidades e limitacións, e concrétase na aplicación de prácticas de conservación encamiñadas a preservar a súa integridade e saúde. Un obxectivo prioritario é manter condicións favorables para a actividade dos organismos do solo, esencial para o mantemento dos ciclos da materia orgánica e dos nutrientes, así como para a preservación da estrutura do solo, que asegura o subministro equilibrado de aire e auga. Para iso é necesario manter contidos elevados de materia orgánica, que proporciona alimento á toda a rede trófica do solo. Tamén, a través da asociación cos compoñentes minerais, a materia orgánica contribúe á formación dos agregados que serven de hábitat para os organismos, permiten a circulación de aire e auga e evitan a compactación,a erosión e a formación de costras que ameazan aos solos de feble estrutura. Por esta razón, moitas prácticas de conservación van encamiñadas a subministrar materia orgánica ao solo, en forma de esterco na agricultura tradicional, ou de xurro, compost ou adubos verdes en tempos máis recentes. Deste xeito compénsanse as perdas ocasionadas pola labranza intensiva que, ao desfacer os agregados do solo, provoca unha rápida mineralización da materia orgánica.
Reducir as perturbacións do solo é tamén o obxectivo de prácticas de conservación como a mínima labranza e a sementeira directa. A rotación de cultivos incluíndo leguminosas é un xeito de fixar nitróxeno no solo polos organismos simbiontes, ao tempo que se reduce o risco de pragas, sendo preferible, en calquera caso, optar pola loita biolóxica. Manter o solo cuberto con vexetación viva, restos da colleita ou outros materiais orgánicos que serven de acolchado é unha boa práctica que atenúa os procesos erosivos, reduce a perda de humidade, evita que medren as plantas adventicias e achega materiais orgánicos que se incorporan ao solo.
Nos aproveitamentos forestais é importante evitar as talas indiscriminadas, aplicando unha correcta silvicultura, e empregar as especies axeitadas para cada emprazamento, atendendo á necesaria diversidade dos recursos de fauna e flora, e á calidade da paisaxe. Ás veces, actuacións de enxeñaría ben planificadas poden axudar na conservación do solo mediante a construción de canalizacións e terrazas que reduzan a erosión hídrica. No eido da contaminación de orixe urbana e industrial, é necesario reducir e tratar axeitadamente as emisións, efluentes e residuos sólidos, aplicando as mellores prácticas dispoñibles e recuperando os solos contaminados onde esta afección xa se teña producido.
Como idea final, cómpre subliñar que a conservación do solo fundaméntase primeiramente no recoñecemento do seu valor, non só produtivo senón tamén como un elemento complexo e insubstituíble dos ecosistemas, no que o organismos desempeñan un papel esencial no mantemento das súas funcións. A planificación do uso do solo tendo en conta as condicións naturais, sociais e económicas asegurará para as xeracións futuras a súa conservación.

A labranza fóra de tempero e o sobrepastoreo poden causar degradación física por compactación

A rotación de cultivos incluíndo leguminosas é un xeito de fixar nitróxeno ao tempo que se reduce o risco de pragas