Fonte: Proxecto Dorna
Desde hai anos, en Culturagalega.org seguimos con atención os diferentes proxectos e eventos que se desenvolven arredor do patrimonio marítimo no noso país. Falamos dun sector activo, que pode servir de exemplo coas súas prácticas e a súa implicación para outros campos da nosa sociedade. Ademais, amosa o xeito no que uns bens que ata hai pouco tempo eran desprezados ou vistos como algo cotián poden se transformar rapidamente en prezados elementos da nosa identidade colectiva.
A situación do patrimonio marítimo abordámola polo miúdo en 2011, cunha reportaxe sobre os problemas da recuperación destes bens, e outro centrado no movemento reivindicativo da súa importancia.
A situación do patrimonio marítimo nesta reportaxe
Reportaxe sobre os 20 anos de recuperación da cultura marítima
Procesos
Seguimos con interese o complexo proceso de recuperación do Bernardo Alfageme, o histórico pesqueiro que na actualidade se exhibe nunha rotonda de Vigo. Tamén abordamos o longo camiño do Estaleiro de Purro ata o seu recoñecemento e recuperación.
Novas sobre o Bernardo Alfageme
Novas sobre o Estaleiro de Purro
Proxectos de memoria
Para alén destas hai iniciativas que investigan o noso pasado recente como pobo mariñeiro. Desde a cooperación internacional, o proxecto Dorna supón unha iniciativa fundamental na catalogación e no coñecemento deste patrimonio.
Reportaxe sobre o Proxecto Dorna
Tamén a iniciativa Gentes del mar aborda, desde fóra do noso país a vida tradicional das poboacións costeiras.
Reportaxe sobre Gentes del mar
Máis próximos a nós, na Guarda Tesouros vivos do mar investiga as lembranzas e as pegadas dese pasado na memoria colectiva.
Os Tesouros Vivos do Mar da Guarda
Sen se centrar especificamente no ámbito mariño, iniciativas de recuperación de memoria como o proxecto Buserana de Muxía tratan inevitablemente da cuestión
Museos e centros
Alén da recuperación de embarcacións, a creación de diferentes museos, centros de interpretación e coleccións visitables sitou na axenda cultural o patrimonio marítimo.
Por suposto, o Museo do Mar situado en Vigo supón un referente ineludible neste sentido. Nesta reportaxe de 2002 damos conta da súa apertura
Desde Ferrol Exponav céntrase na cuestión da costrución naval
A ollar a baía, en Redondela abría en 2013 o Centro de Interpretación de Rande.
Canda a estes, son moitos os centros e coleccións visitables do noso país que teñen temática marítima. En 2008 facíamos un percorrido por esoutros museos do mar.
Encontros
Xa no seu día tratamos o encontro e embarcacións tradicionais e, con ocasión da presenza de Galicia como país convidado no encontro internacional de Brest, desenvolvemos diferentes contidos arredor deste tema.
VI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia
O noso dosier sobre cultura marítima con ocasión do encontro de Brest
As carpintarías
A creación dun catálogo de carpintarías de ribeira, deunos para abordar estes obradoiros nunha reportaxe.
O tesouro das casas dos barcos
O xeito no que se combina tradición e modernidade na construción de embarcacións tradicionais tamén a abordamos nesta reportaxe de 2008.
I+D nas carpintarías de ribeira
Outros mares (e ríos)
Alén do mar, xa en 2004 dábamos conta da importancia do patrimonio fluvial que se conserva no noso país
Tamén atendemos no seu día á proposta de atravesar o Atlántico en Dorna, que finalmente non foi adiante pero que nos deixou a maior embarcación existente deste tipo como parte do noso patrimonio marítimo
A talasonimia ou os nomes do mar. Un patrimonio inmaterial ligado a este elemento.
Reportaxe sobre talasonimia
E proxectos como o Mar de Lira exploran a relación entre cultura, patrimonio, pesca e conservación.
O proxecto Mar de Lira
O imaxinario do mar a partir dunha exposición
A pegada que deixou a pesca das baleas en Galicia
Como novidade neste ámbito, a Coordinadora Galega para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), publicaba o pasado ano o documental Galicia no lombo da balea que fai un repaso pola historia da caza destes animais no noso país.





