Para alén da consabida receita de crise económica e novas tecnoloxÃas, que tamén inflúen, diferentes factores inflúen na aparición dos diferentes espazos culturais que se desenvolven no noso paÃs. Novos modelos de negocio, intereses e mesmo modas axudan a entendermos por que aparecen, da man da iniciativa privada, estes anovadores locais.
Novas necesidades, novos intereses, novos públicos. E recursos escasos. É neste contexto que xorden uns locais "que tentan ser autosustentables, non depender de axudas institucionais e que ademais desenvolven un concepto diferente", explica Silvia Penas desde o Charenton Club Cultura de Vigo. "Existen novos modelos e estes espazos amosan que as administracións non están preparadas para este tipo de cuestión.s A miúdo ata un se pode atopar con que nin sequera existen licenzas axeitadas para algunhas actividades", confirma Fernando Lema desde A Unitaria, a amosar como é axilidade da iniciativa privada e social a que se adianta neste caso ás propostas máis institucionais.
Do virtual ao fÃsico
Os novos modelos de negocio preséntanse como unha das tendencias que están detrás da apertura de varios dos novos espazos culturais do paÃs. A posibilidade de conectar máis directamente co usuario a través da rede diminuÃu e mesmo chegou a eliminar para moitas empresas a necesidade de dispor dun espazo fÃsico permanente. Xa non ten a mesma importancia o contacto cara a cara co potencial cliente ou o local desde o que vender unha marca ou un produto. "Internet facilita moito o se dar a coñecer", apunta Irene Villaverde desde Espazo Noventa. Coincide con ela Silvia Penas, "dáche a sensación, que pode ser real ou non, de que es quen de facer a túa propia publicidade e de comunicar directamente". Esta deslocalización virtual dá pé a varias necesidades que tentar suplir estes novos locais.
Traballar
Por unha banda, está o coworking. Compartir espazos de traballo é unha tendencia en auxe, e chegou mesmo a se integrar nos servizos que achega a Cidade da Cultura, en Compostela. Canda a este, son diferentes os espazos que nas cidades galegas achegan este servizo aos profesionais que non queren, ou non poden, dispor dun local exclusivo. Desde The Room, na Coruña, Bernal Prieto apunta que "é un xeito de traballo cada vez máis habitual. A xente non precisa ter cadanseu despacho e pagar por un local. Ao ter varias persoas a compartir un espazo común sempre xorden proxectos conxuntos. E dispor dun espazo propio tamén evita que acabes só na casa a traballar en pixama".
En relación a este modelo de traballo aparecen tamén outras necesidades de espazo para empresas, que van para alén do labor de oficina diario. "Agora que o coworking e os estudos compartidos funcionan máis, moitos profesionais non teñen a posibilidade de contar cun local especÃfico para facer cursos, presentacións e actividades deste tipo". Irene Villaverde, de Espazo Noventa explica que "hai moita xente con ideas que fai cousas estupendas, pero non todo o mundo pode manter un local".
Feiras, artesanÃas e debuxos
Nesa liña, unha tendencia que está a incidir na aparición de espazos polivalentes para a cultura é a proliferación de mercados, especialmente dos dedicados a produtos culturais e artesáns. De novo grazas ás posibilidades das novas tecnoloxÃas e da venda a través da rede, moitos artesáns non se preocupan xa de dispor dun espazo fÃsico permanente, pero non queren perder o contacto directo co comprador. E aà proliferan as feiras e espazos de exposición. Na actualidade ata o Centro Galego de Arte Contemporáneo conta cada ano co seu Mercado da Estrela, que fai parte dun panorama no que os eventos para a venda permiten visualizar o traballo de moitos creadores. Autobahn ou Gripo Gripo pola banda da autoedición, a Feira Imaxinaria de Vigo, Citinart (que se celebra ata o 14 de xuño na Coruña), Corazón de ArtesanÃa en Agolada ou Cuarto Público, dedicada á arte, son algúns exemplos destes eventos. Para alén das que se desensvolven en espazos públicos, tamén algunhas destas citas precisan recorrer a locais que alguen as súas intstalacións. AsÃ, Lema recoñece desde A Unitaria que "os mercados resultan algo moi interesante para nós. Temos a intención de facer xa de cara ao outono un dedicado á autoedición, e complementalo con actividades dedicadas ao debuxo, como un Drink and Draw ou un Combate de Debuxantes".
Formación
Precisamente, tamén o interese crecente polo debuxo como xeito de ocio explica o auxe de propostas de formación neste apartado, que en moitos casos buscan tamén espazos para se desenvolver. De xeito similar, e como xa comentamos, unha anovada demanda do público polas manualidades, as aprendizaxes artÃsticas, a alfabetización audiovisual ou a informática explican tamén novas necesidades que se cobren con novos espazos culturais.
Crise e futuros
Non todo vai ser innovación. Moitos dos responsables destas iniciativas recoñecen a importancia que a crise económica tivo na súa aposta. "A crise fai tamén que se agudice o enxeño", recoñece Villaverde desde Espazo Noventa. Coma ela, Penas, desde Charenton, recoñece que "hai moita xente no paro á que lle apetece facer cousas e seguir en activo, mesmo aÃnda que non sexa de xeito remunerado. E ás veces é do aburrimento de onde saen as grandes ideas", conclúe. De cara ao futuro Lema apunta a necesidade de buscar conexións. "Nós mantemos contacto con The Room. Pensamos que cómpre interconectarse e asà poder abordar proxectos máis ambiciosos. Por exemplo, se nos interesa traer alguén cun caché alto, poder organizarlle unha xira por diferentes cidades".
Dun xeito ou doutro, semella que estamos a ver as primeiras fases de organización desta galaxia de pequenas propostas. Coa colaboración de diferentes axentes culturais como eixe, está a emerxer un xeito de entender a cultura máis descentralizado, multidisciplinar, autoxestionado, orientado á pequena escala e colaborativo. A rachar con espazos especializados en artes, libros ou discos, a mesturar produtos, servizos, ocio e traballo. Unha proposta múltiple que pode chegar a mudar o xeito no que entendemos os locais da cultura no noso paÃs.