Están a xurdir alternativas ás escolas, conservatorios, academias e facultades. Os interesados en ampliar os seus coñecementos creativos e artÃsticos dispoñen a dÃa de hoxe de múltiplas opcións por todo o paÃs. Desde cursos especializados ata obradoiros de iniciación, están a se desenvolver novas propostas para os que teñen fame de aprender. E da súa man, chegan tamén novos xeitos de espazos para a cultura.
Noutros tempos, as opcións estaban claras para quen tivese interese en adquirir técnicas artÃsticas. HabÃa academias para aprender música, pintura, escultura ou traballos manuais e, xa no ensino regrado, facultades de Belas Artes, escolas de deseño e artes ou conservatorios. E, en campos como o deseño, ciclos de Formación Profesional. No entanto, nos últimos anos obsérvase unha multiplicación de ofertas para todos os públicos. Cursos especÃficos sobre técnicas artesás de todo tipo, para aprender a manexar determinados programas ou para se iniciar en fotografÃa, no audiovisual, na reciclaxe de materiais ou na escrita creativa, toda unha variedade de propostas están a se integrar na oferta formativa. E a responder a esta tendencia aparecen en paralelo espazos dedicados a albergar esas actividades. "Hai sede de creatividade", explica Sabela Iglesias desde Illa Bufarda, empresa dedicada á formación itinerante no ámbito audiovisual.
The Room
The Room leva desde 2011 na Coruña a combinar a oferta de espazo para coworking e actividades cunha nutrida oferta de formación. Segundo explica Bernal Prieto, responsable de actividades no proxecto, a nivel de ensino "o noso interese era que unha serie de profesionais recoñecidos de diferentes disciplinas puidesen amosar o seu xeito de traballo e os seus trucos. Trátase dunha formación non regrada que busca compartir eses coñecementos". A oferta é do máis variada, e pasa do dominio de programas especÃficos (ou aÃnda máis, de procesos especÃficos deses programas) ata traballos artesáns. AsÃ, en The Room "tivemos cursos sobre web, de cor dixital, de xoiarÃa reciclada, de origami ou de facer lámpadas", explica Prieto.
A Unitaria
En Compostela presentábase hai só dúas semanas A Unitaria, un espazo que ten de novo en acoller cursos de formación o seu eixe. Pola banda deste proxecto, a consciencia desta demanda chega de experiencias anteriores. "Eu participo en Senunpeso, a asociación que organiza o Laboratorio Audiovisual de Vedra" explica Fernando Lema, un dos promotores do local. "Pola experiencia dos cursos que se dan cada ano nesa fin de semana vimos que a xente fica con fame de aprender. E entón pensamos en levar este estilo de traballo a un espazo configurable". Malia a que A Unitaria está aberta ás propostas de formación de colectivos e empresas, "principalmente, polo momento, somos nós os que contactamos os profesores e decidimos que cursos se dan. A intención é manter unha liña centrada no ámbito cultural e nas artes, pero que é moi aberta. Polos sectores dos que vimos, estamos moi orientados a deseño, audiovisual, novas tecnoloxÃas ou o que chaman Do It Yourself. Pero xorden novas propostas como banda deseñada, o son ou mesmo a maxia", recoñece.
Formatos
Tanto nun como noutro centro, o formato habitual das actividades son cursos puntuais e especÃficos, de poucas horas de duración. En A Unitaria, por exemplo, explican que as súas iniciativas "son pÃlulas de fin de semana, de dezaseis horas de formación, coa idea de que os alumnos poidan seguir a desenvolver eses coñecementos na súa casa ou no seu traballo. Tamén traballaremos formatos de catro horas para os venres e probaremos con propostas máis continuadas dun par de dÃas entre semana, a ver que funciona mellor", un modelo moi semellante ao do espazo da Coruña e que ten como obxectivo chegar a xente que traballa ou que desenvolve outra actividade principal mais que quere continuar formándose.
Eivas e Públicos
AÃnda que moitas destas propostas poden semellar orientadas principalmente a profesionais, non son nin moito menos os únicos interesados. "No noso caso aproximadamente unha terceira parte dos asistentes son estudantes de arte. Nas escolas de arte podes quedar un pouco coxo de coñecementos prácticos. Logo tamén hai moitos profesionais que veñen a cousas moi concretas, e despois xente de todo tipo", sinala Prieto sobre The Room. As eivas do sistema regrado son tamén para Illa Bufarda un dos motivos que explica a emerxencia destes novos formatos de ensino. "Poida que no sistema educativo haxa eivas de creatividade. Vemos que mesmo a nivel escolar se solicita este tipo de materias máis creativas, que permitan desenvolver a expresividade. Falamos de temas como o audiovisual, a fotografÃa ou a animación".
Desde Illa Bufarda apuntan a variedade de xente coa que traballan. "No noso caso o tipo de público é moi amplo , desde nenos de seis anos que aprenden a facer unha animación básica ata grupos de señoras maiores que nunca tiveran contacto co audiovisual", explican. "Hai persoas que queren este coñecemento para o empregar de xeito profesional, como poden ser profesores que tentan levar o audiovisual á aula, pero tamén hai persoas que queren aprender a facer vÃdeos para un agasallo ou para a súa vida cotiá".
Dun xeito ou doutro, a demanda deste tipo de experiencias formativas existe. "Houbo algún curso bastante especÃfico, complicado ou caro que non se chegou a realizar, pero en xeral as actividades funcionan ben", explica Prieto. De xeito similar, na Unitaria explican que "a priori o noso forte serán cursos avanzados para profesionais, pero temos tamén propostas de iniciación".
As vantaxes
Algo no que coinciden en sinalar os responsables destas propostas é que cousas semellantes xa existen desde hai anos noutros lugares. Segundo explica Bernal "en Madrid ou Barcelona existen espazos semellantes a este desde hai tempo". O interese que presentan este tipo de espazos para propostas como Illa Bufarda, que carecen dun espazo propio de formación, é claro. "O feito de sermos itinerantes permÃtenos chegar a outros espazos, por exemplo o rural, que poden ser complicados de dinamizar culturalmente. Este xeito de traballo pode facilitar as cousas para programadores culturais e contar con actividades que doutro eito fican centralizadas nas cidades", explica Iglesias. Nese modelo, a aparición de espazos orientados especificamente á formación supón "un lugar máis onde desenvolver as nosas propostas", con engadidos como "unha maior difusión das actividades, xa que son espazos que contan coa súa propia rede de contactos. Ademais é máis cómodo a nivel de condicións fÃsicas. E en casos como A Unitaria estamos interesadas en participar mesmo como asistentes, para aprender en obradoiros profesionais".
Outras
Para alén destes lugares especializados, as propostas formativas non fican aÃ. Dentro das ofertas deste tipo no noso paÃs contamos con cursos de fotografÃa desde nivel iniciación ata outros especÃficos como fotografÃa nocturna, que se desenvolven en cursos fins de semana en casas de turismo rural. Ou, como exemplo, o obradoiro de ilustración da natureza que acolle o vindeiro domingo a Casa das Illas de Rábade. A estas engádense outras propostas recentes como son as dedicadas á banda deseñada, que xa abordamos en anteriores reportaxes, e que teñen na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra a principal mostra de innovación. A xente quere aprender a crear, e a oferta vai parella.