O traballo que realizou na versión galega de Botchan, novela do escritor e poeta nipón Natsume Soseki, valeulle á xaponesa Mona Imai facerse co XIV Premio Plácido Castro de Tradución. O xurado que outorga este galardón recoñeceu tamén a Alejandro Tobar pola traslación de O forasteiro misterioso, de Mark Twain. O xurado destacou "a sutileza e a capacidade para traer para o galego unha obra creada nunha cultura distante como a xaponesa" no labor de Mona Imai, e no caso de Alejandro Tobar, "a viveza do estilo e a naturalidade da lingua que leva a un pracer lector certamente estimable".
O xurado desta edición estaba composto por Susi Castro Sineiro (Fundación Plácido Castro), Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Camiño Noia Campos (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Antón Santamarina (Real Academia Galega) e Xulio RÃos (Director do IGADI) como secretario. O galardón, sen dotación económica, consiste nun diploma e mais nunha escultura de XaquÃn Chaves.