As institucións académicas galegas non comparten polo momento as ideas de Ria Lemaire sobre as cantigas de amigo. A teorÃa de que boa parte destas composicións medievais fan parte dunha tradición oral creada e transmitida por mulleres non é o paradigma dominante nos estudos sobre a lÃrica medieval. No entanto, a proposta xa non atopa un rexeitamento frontal como acontecÃa hai varios anos.
As teorÃas de Ria Lemaire, que tratamos na nosa última reportaxe, aÃnda non teñen o consenso da Academia no noso paÃs. Segundo explica Camiño Noia, Catedrática de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Vigo, "aquà os estudos de literatura medieval foron moi tardÃos, nun comezo o que se empregaban eran os manuais de Rodrigues Lapa, aÃnda nos anos 80, cando se comezaron a estudas estas materias". Canda ao recoñecido autor portugués, o traballo de Giuseppe Tavani desde roma marcou as análises sobre este campo. "Son estudos moi clásicos, que repiten o que dixeran estes estudosos, non se innovou nin se puña nada en cuestión, todo era como dicÃan estes autores que se tiñan como os pais da lÃrica medieval".
Visións externas
Foi cando especialistas doutros ámbitos se achegaron a esta cuestión que comezaron a aparecer novos discursos. "Xente coma min que estaban noutras areas fomos reflexionando sobre a escrita de mulleres, e eu mesma pensei que toda esta poesÃa, como acontecÃa noutras áreas de todo o mundo, poderÃa ser de mulleres". Segundo Noia, "habÃa datos para dicir que era asÃ, que se cantaban e que uns trobeiros, homes que sabÃan música e que podÃan tocar e que tiñan presenza social, colleron estas cancións, cantáronas e logo alguén as puxo por escrito".
Resistencias
A tese non foi ben acollida no seu dÃa, segundo lembra esta catedrática. "Eu un dÃa, nun congreso que se fixera en San Simón sobre lÃrica medieval puxen esta posibilidade de que fosen de muller. O escándalo foi terrible. Eu recoñecÃa non ter datos, pero os que arremetÃa tan duramente contra isto no tampouco os tiñan sobre a identidade de Meendiño, Martin Codax nin doutros autores". Foi a partir de aà que esta investigadora, por apuntamento dunha colega, entrou en contacto coas teorÃas de Lemaire. "Logo unha vez que fun a un congreso a BahÃa, atopei unha rapariga, unha cantautora, Socorro Lira que lle puña música brasileira as cantigas no proxecto de Cores do Atlántico, e foi por ela que coñecÃa a RÃa.
Aos poucos
Noia recoñece que hoxe en dÃa non se atopan as mesmas resistencias a propostas como as que defenden estas especialistas. "Hoxe ninguén se escandaliza xa. Mesmo Tavani que estaba presente cando eu propuxen aquela herexÃa en San Simón, recoñeceu ao saÃr da sala que ao mellor se podÃa seguir aquel fÃo. Non o vÃa unha cousa absolutamente fora de lugar, sabÃa que a lÃrica feminina que se acompañaba no traballo da muller estaba moi presente en todos os paÃses europeos. Eu non volvÃn traballar sobre iso, e polo que sei todas as publicacións continúan a ser clásicas e céntranse en cuestións como análises de sÃlabas e do contido ou ver as sinaturas. Dáse fe que todas as sinaturas son auténticas e todo foi feito polos trobadores, está o tema un pouco estancado"
A excepción
Lemaire, pola súa banda, considera que a nosa literatura segue a ser unha excepción á hora de considerar esas primeiras creacións lÃricas. "Eu fun convidada a trinta paÃses do mundo para falar da miña teorÃa, os únicos lugares onde continúo sen ser respectada son en Portugal e na Galiza, desde a perspectiva dos Estudos Medievais. Tamén Italia e Francia, en menor medida. Ata hoxe ninguén fixo o esforzo para acompañar o grande movemento intelectual do postmodernismo, non entraron aÃnda nesa era, non discuten o nacionalismo, agás algunhas excepcións. No século XX houbo un poder intelectual importante da man de filólogos italianos, e ata hoxe ese control está a impedir unha discusión seria sobre estas cousas. Non é que eu non os respecte, pero eles non me respectan a min". Ao seu ver "estas visións impediron un diálogo serio e cientÃfico sobre a realidade da cultura galega. Impediron calquera abordaxe cientÃfica da cultura galega".
O futuro
No entanto, esta investigadora está convencida de que haberá mudanzas no xeito en que consideramos a nosa literatura. "Moitos traballos que se presentan hoxe estaban prohibidos en universidades europeas nos anos setenta. Os traballos sobre muller considerábanse acientÃficos, ao igual que os traballos sobre autores vivos, sobre tradicións populares ou encol de creadores interdisciplinares. Isto amosaba os limites do ensino das Humanidades. Agora entramos nun momento transnacional que permite este tipo de investigacións. Isto pon como cuestión fundamental, qué é o que nos obrigaron a esquecer na construción desas historias nacionais".