En marcha a lei que regulará os novos conceptos de patrimonio cultural

O Goberno presenta un anteproxecto que se vai negociar con diferentes entidades

27/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
19 lecturas | Compartido 0 veces
O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, definiuna como un dos proxectos "máis importantes desta lexislatura". Logo de moitos anos, onte foi presentada tras o Consello da Xunta o anteproxecto da nova Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Segundo Feijóo, a clave da lei é a simplificación dos procedementos, a regulación de novos conceptos de patrimonio coma o inmaterial, o científico ou o industrial, e a colaboración entre administracións, especialmente os concellos, que asumirán segundo a lei algunhas das competencias administrativas que ata agora mantiña a Xunta.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas
Conceptos