A Xunta presenta o anteproxecto da nova Lei de Convivencia Escolar

O texto permitiríalle aos pais elixir a lingua dos seus fillos nas aulas

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

A Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa permitirá que a Xunta consulte aos pais sobre a lingua na que prefiren escolarizar os seus fillos. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, presentaba onte o anteproxecto desta norma, xa anunciada polo presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo cando dera a coñecer o decreto para o plurilingüismo. O novo texto, ademais, recolle a posibilidade de que os pais opinen noutros procesos educativos e dálle aos profesores a condición de autoridade pública. Agora, o anteproxecto será remitido ao Consello Escolar de Galicia antes de chegar ao Parlamento.

Que che parece esta nova?
116 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Educación

Claves

Protagonistas
Conceptos