A Xunta quere converter os mestres en "autoridade pública"

Presentan o anteproxecto de Lei para a convivencia e participación da comunidade educativa

O Consello da Xunta aprobou hoxe pola mañá o anteproxecto de Lei para a Convivencia e Participación da comunidade educativa. O borrador reforzará o papel do profesorado nos colexios, converténdoos en "autoridade pública", e "disporán da protección xurídica e a presunción de veracidade necesaria para o mantemento do comportamento escolar". Os profesores estarán habilitados para requirir aos alumnos "calquera substancia ou obxecto que proten" e que non estea permitido polas normas do centro. A Lei tamén normativizará o tratamento de situacións de acoso escolar e a aplicación disciplinaria de condutas "desenvolvidas a través de novas tecnoloxías; e á gravación, manipulación e difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa". O anteproxecto tamén regula "a consulta e participación directa das familias no proceso educativo", en cuestións como a lingua.