A Consellaría de Educación premia aos docentes que innovan educando e que promoven condutas tolerantes

Innovar con educación vale

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Inventar un xogo para ensinar música ou buscar fórmulas alternativas para educar en arqueoloxía, medioambiente ou as novas tecnoloxías son prácticas docentes merecedoras de premio. E así o consideraron desde a Consellaría de Educación que resolveu o pasado luns a listaxe dos gañadores das dúas categorías. Por unha banda premiaba o impulso a innovación educativa, con premios que foron do 900 aos 2.200 euros. E pola outra, premiaron tamén as experiencias e os proxectos de promoción de condutas tolerantes ou mellora da convivencia democrática e de respecto mutuo. O primeiro premio, dotado con 4.000 euros, foi para Pilar Fernández polo traballo "Nas aulas, hoxe".

Consulta a listaxe de gañadores dos gañadores á innovación educativa e á promoción de conductas tolerantes no DOG

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, Arqueoloxía