Manolo Gómez é o único candidato á presidencia da Academia Galega do Audiovisual, mentres que Cultura fai pública unha nova convocatoria de axudas

Candidatura con consenso

De hoxe nunha semana teremos novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. Segundo fontes da Academia, só hai unha única candidatura, a que preside Manolo Gómez e que agrupa representantes do sector que formaron parte da listaxe alternativa que houbo nos anteriores comicios. Na candidatura de Manolo Gómez, que segundo os estatutos non se poderá volver presentar ao cargo nas vindeiras eleccións, figuran Pepe Coira e María Bouzas como vicepresidentes. A votación será na tarde do 31 de maio e os socios poderán delegar o voto previa notificación á Academia. Por outra banda, a Consellaría de Cultura publicou onte no Diario Oficial as bases das axudas para producións e coproducións audiovisuais e interactivas en lingua galega. Unha convocatoria que ascende a 4.758.206 euros.

Máis información en La Voz de Galicia, sobre as eleccións na nosa hemeroteca e consulta a convocatoria de axudas no DOG aquí e aquí (en PDF)