Manuel Gómez é elixido Presidente da Academia Galega do Audiovisual

O primeiro presidente

2/6/2003 | Santiago. Redacción. | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O productor Manolo Gómez, director xeral de Dygra Films, foi elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual esta fin de semana. Obtivo 69 votos que superaron a candidatura de María Bouzas, con 51. Entre os obxectivos de Gómez para a súa presidencia figuran a creación da Casa do Audiovisual, para asegurar a xubilación de técnicos e artistas, a formación e a integración en diferentes institucións galegas. A candidatura de Gómez estaba integrada por Manolo Abad, Isabel Blanco, Suso Bello, Carlos Carballo, Ángel de la Cruz, Miguel Anxo Fernández, María Liaño, David Melero e Marta Villar.

Máis información en El Correo Gallego, en Código Cero; ficha de Manolo Gómez en AVG; ficha da Academia en AVG

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, Culturagalega...