Manolo Gómez repite como presidente da Academia Galega do Audiovisual por outros tres anos

O trienio Gómez

5/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Manolo Gómez era o único candidato á presidencia da Academia Galega do Audiovisual, por iso era de esperar que foxe elixido. Por segunda e última vez, segundo figuran nos estatutos da Academia, Manolo Gómez presidirá a entidade encargada de fomentar as actividades relacionadas coa produción audiovisual. Malia que o seu plan de traballo e as actividades para o próximo trienio se anunciarán en novembro, un membro do seu equipo, Pepe Coira, xa avanzou que se traballará en publicar documentos que “contribúan a coñecer máis sobre o futuro do audiovisual”. Por outra banda, o Consorcio do Audiovisual acaba de anunciar a dúas xornadas nas que tentarán ensinar as claves para a venda internacional de producións. Un tema no que se incidirá nun curso de posgrao que comezará no mes de outubro na Universidade da Coruña.

Máis información sobre a renovación da directiva da Academia en Galicia Hoxe e no seu web; sobre as xornadas formativas no web do Consorcio e sobre o curso de posgrado no seu web

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manolo Gómez, Academia Galega do Audiovisual, Pepe Coira, Galicia Hoxe...