O Decreto para o plurilingüismo nas aulas estará aprobado en maio de se cumpriren os prazos que baralla a ConsellarÃa de Educación. Segundo recollen hoxe diferentes medios, o texto pasará pola Mesa Sectorial de Educación, o Consello Escolar de Galicia e mais o Consello Consultivo antes de chegar ao Parlamento para a súa aprobación. O titular de Educación, Xesús Vázquez, adiantou que está aberto á posibilidade de introducir mudanzas no texto, aÃnda que considera "difÃcil" chegar a acordos nese sentido coa oposición aue, segundo el "non quere dialogar". Vázquez adiantou tamén que a consulta cos pais prevista no anteproxecto se desenvolverá antes do vindeiro curso, pero polos prazos sinalados terá que se facer logo da aprobación do decreto, cando xa estean as matrÃculas feitas.