Goberno e oposición fan lecturas dispares sobre o ditame do Consello Consultivo

Queremos Galego anunciou medidas legais se a Xunta mantén o proxecto de Decreto para o plurilingüismo

14/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
40 lecturas | Compartido 0 veces

O Consello Consultivo de Galicia considera que a consulta aos pais sobre a lingua na que se lles impartirán as clases aos seus fillos é inconstitucional. Ademais, o órgano proponlle á xunta "tomar medidas para normalizar al ingua propia" e sinala que a introdución dun terzo de materias en inglés prevista no proxecto do decreto para o plurilingüismo resulta "desproporcionada". Malia a estas observacións, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez considera que o dictame "avala" a súa proposta e que o seu departamento analizará as propostas para a súa posible incorporación ao texto. Para alén, adiantou que en próximos días o texto chegará ao Consello da Xunta para súa aprobación. Pola súa banda, tanto os partidos da oposición como a Plataforma Queremos Galego reclamaron a retirada deste texto. Queremos Galego anunciou ademais que denunciará o decreto ante os tribunais de se manter a actual proposta.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Educación

Claves

Protagonistas
Conceptos