O Consello Escolar de Galicia, órgano que reúne pais, profesores, movementos de renovación pedagóxica e sindicatos entre outros, reúnese mañá para decidir o seu apoio ao proxecto de decreto para o plurilingüÃsmo no ensino. Malia ao rexeitamento de moitos dos representantes neste organismo, está aÃnda pendente de se verificar o pronunciamento final do mesmo, e é posible que o texto saia con diferentes enmendas da xuntanza. Nova Escola Galega, por exemplo, publicou xa un manifesto no que denuncia que a proposta do PP pode dar "na formación de dúas sociedades diferenciadas" por mor da lingua. A coincidir con esta xornada, a plataforma Queremos Galego convocou unha mobilización mañá ás 16.15h ante a sede deste organismo, na compostelá rúa de San Roque. Ao tempo, Xornal de Galicia revela hoxe que a Xunta fará unha campaña de publicidade para dar a coñecer "os novos valores do plurilingüismo nas aulas" valorada en preto dun millón de euros.