O Consello Consultivo emitirá mañá o seu informe sobre o decreto para o Plurilingüismo

A entidade non fará público o seu ditame antes de llo remitir á Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Logo dunha intensa xornada de debate, o Consello Consultivo aínda continuará hoxe a debater a súa posición final sobre o Decreto para o Plurilingüísmo no Ensino. Segundo recollen hoxe diferentes medios, existe desacordo entre os membros deste organismo sobre determinados puntos do texto, aínda que case un 80% do ditame está xa consensuado, e existen dúbidas sobre a legalidade da norma en diferentes puntos. En concreto, a legalidade da enquisa aos pais para decidir a lingua na que se imparten as clases e mais o reparto de materias entre galego e castelán son os puntos máis polémicos. O Consello remitiralle mañá á Xunta a súa decisión final, xusto no límite do prazo dispoñible, e non a fará pública antes de a enviar.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino

Claves

Lugares