A Real Academia critica que o Decreto do pluringüismo non se axusta á legalidade

A Consellaría de Educación respondeu ao texto reclamando "equilibrio" entre as dúas linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

"Os puntos fortes do proxecto de Decreto parecen de legalidade dubidosa; outros artigos introducirían nos Centros malestar, sufrimento ou desorde e iso é o contrario do que debe perseguir calquera ordenamento xurídico; outros son tan dificilmente aplicables que previsiblemente impedirían iniciar a implantación deste Decreto en setembro de 2010". Estas son algunhas das conclusións que a Real Academia Galega lle remitiu á Xunta de Galicia na súa Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. A RAG considera que, de se aprobar, o texto podería "producir un retroceso no proceso de normalización da lingua galega", e chaman a priorizar a recuperación do contexto lingüístico antes do que a aprobación deste texto. Do mesmo xeito, a Academia salienta a necesidade de recuperar o carácter transversal da política lingüística que, ao seu ver, "hoxe parece reducida".

Hoxe mesmo, a Consellaría de Educación respondía ao informe da Academia insistindo na súa intención de manter o "equilibrio" entre galego e castelán no ensino. Ao tempo, Educción agradécelle á RAG as súas opinións "desde a perspectiva de tratarse dunha institución centrada na promoción e o impulso dunha das dúas linguas oficiais da Comunidade" e apunta que o Goberno terá en conta o organismo á hora de elaborar o texto final do Decreto.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora do decreto

A hora do decreto

A Xunta deu a coñecer este sábado o proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Educación, Consellaría de Educación, Ensino...