Galego e castelán repartiranse ao 50 por cento o vindeiro curso

Só 4 dos 28 colectivos consultados apoian as Bases para o decreto do plurilingüísmo

1/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
24 lecturas | Compartido 0 veces

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, deixou claro esta fin de semana que galego e castelán van repartir ao 50% as horas o vindeiro curso escolar. Lorenzo asegurou que o texto final do decreto para o pluringüismo estará listo este mes de febreiro, e recoñeceu que se van mudar diferentes puntos da bases propostas pola Xunta para a súa elaboración. A confirmar anteriores declaracións do presidente da Xunta, Lorenzo apunta que a incorporación do inglés ao ensino será gradual e voluntaria e que non será posible chegar a un terzo de inglés antes de oito ou dez anos. Segundo recolleu El País, só 4 dos 28 colectivos aos que Educación lles consultou opinión sobre o texto apoiaron as bases propostas pola Xunta. Está previsto que esta mesma tarde o Consello da Cultura aprobe a súa posición sobre este texto.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Lorenzo, Educación, Política Lingüística, El País...